Cheap Synthroid

Synthroid is especially important during competitions and for rapid muscle growth. No prescription needed when you buy Synthroid online here. This drug provides faster conversion of proteins, carbohydrates and fats for burning more calories per day.

Cheap Abilify

Abilify is used to treat the symptoms of psychotic conditions such as schizophrenia and bipolar I disorder (manic depression). Buy abilify online 10mg. Free samples abilify and fast & free delivery.

Sponsored:

acquisto viagra

online in Italia.

Concello do Barco : Festas e gastronomía

Festas e gastronomía

Festas do Cristo
Descenso do Sil
Festa do Botelo

O día 6 de cada mes é a feira de Viloira, un concorrido mercado onde se pode atopar de todo. O Entroido, que nas veciñas terras do Bolo se conserva enxebre e ancestral, fica aquí domesticado e con influencias urbanas.

A Semana Santa ten no vía crucis barroco das Ermidas e na procesión dos caracois no Castro os puntos de maior interese. O 1º de maio ten lugar no Barco a festa dos Maios e o 22 deste mesmo mes a de Santa Rita. Polo Corpus as rúas do casco vello aparecen cubertas de alfombras vexetais nunha expresión de artesanía colectiva.

No verán abundan as festas patronais e as romarías nas parroquias de toda a comarca. En agosto é a festa das barcas coa que se celebra a recuperación das tradicionais embarcacións do Sil, as lanchas, que sucan as súas augas no verán.  As Festas do Cristo, o 14 de setembro no Barco, son as máis populares da bisbarra e nelas ten lugar o Descenso do Sil en piragüas, unha proba deportiva que cumpriu xa corenta anos.

A gastronomía comarcal exprésase colectivamente na festa do Botelo, a finais de xaneiro, que serve de exaltación da matanza do porco e deste orixinal produto que xa foi descrito en tempos dos romanos. As androllas e o botelo son embutidos rexos e antigos que non poden faltar na mesa polo inverno. Como as empanadas de anguías, o polbo á feira, o cabrito asado, os roscóns, bicas e tortas de roxóns, delicadezas para tomar en calquera época do ano. 

As saborosas castañas valdeorresas van ocupando un posto de honra na cociña actual e a gran riqueza micolóxica dos nosos montes convoca numerosos afeccionados no outono, o tempo das tonalidades douradas e dos magostos.

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng