NOVA NORMATIVA SOBRE O USO DA MÁSCARA (Resolución da Xunta de Galicia de 17 de xullo de 2020

21.07.20 14:30

A Xunta determinou o uso obrigado da máscara a partir do 19 de xullo de 2020, coas seguintes condicións:

 

-Todas as persoas de máis de 6 anos deben usar a máscara.

-A máscara debe cubrir o tabique nasal, a boca e o queixo.

Debe usarse, en todo momento, nos seguintes casos:

 

-Na vía pública (ao aire libre) e en espazos pechados de uso público ou abertos ao público, aínda que se poida garantir a distancia de seguridade de 1,5 metros.

 

- En todos os medios de transporte colectivo.

 

RECOMENDACIÓN

 

-Nos espazos privados (abertos ou pechados) de uso privado, recoméndase o uso de máscara se hai persoas que non convivan, aínda que se poida garantir a distancia de seguridade interpersoal.

 

-Para os que practiquen deporte federado, colectivos de espectáculos e centros educativos, seguiranse protocolos específicos.

 

EXCEPCIÓNS:

 

-Persoas con enfermidades respiratorias, discapacidade ou dependencia, alteracións de conduta o sen autonomía para quitar a máscara.

 

-Turismos ocupados por persoas que convivan no mesmo domicilio.

 

-Nas praias e piscinas, durante o baño e cando se estea quieto nun espazo, sempre que se poida garantir a distancia de seguridade interpersoal.

 

-Hostalaría e restauración: intre do consumo. (A charla, coa máscara posta; beber ou comer, coa máscara quitada).

 

-Habitacións de establecementos turísticos: cando unicamente se atopen neles os convivintes.

 

-Exercizo individual ao aire libre, sempre que poida garantirse a distancia de 2 METROS.

 

-Actividade física en instalacións, durante a súa realización, e con distancia de seguridade interpersoal.

 

-Forza maior ou actividades incompatibles.

 

Polo ben de todos, respectade estas normas.

 

A resolución completa, no seguinte enlace:

 

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200718/AnuncioC3K1-170720-2_es.html

 

 

 

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng