dd Concello do Barco : Galaxia programa Lenguage Planning dos Quinquilláns para institutos

Galaxia programa Lenguage Planning dos Quinquilláns para institutos

22.01.20 14:15

Douscentros trinta alumnos de institutos de Valdeorras, Quiroga e O Bierzo asistirán o 28 de xaneiro á representación de Lenguague Planning, un espectáculo de Os Quinquilláns, producido pola Editorial Galaxia, que será interpretado por Tero Rodríguez e Lucho Penabade.

Os centros que van acudir á única función programada, son os IES Martaguisela, do Barco, o Cosme López, da Rúa, o IES de Quiroga, o IES de Cacabelos e os IES Europa e Virgen de la Encina de Ponferrada.

Dous membros da LP, Language Planning, acaban de chegar a terras galegas coa finalidade de impoñer unha solución definitiva á problemática lingüística. Montaxe teatral de carácter cómico e retranqueiro a partir de diferentes investigacións sociolingüísticas e de relatos de Made in Galiza de Sechu Sende.

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng