dd Concello do Barco : PROGRAMA DA XX FESTA DO BOTELO DO BARCO

PROGRAMA DA XX FESTA DO BOTELO DO BARCO

16.01.20 10:03

A festa do Botelo chega este ano a súa XX edición. A comida e os actos centrais deste ano terán lugar o sábado 18 de xaneiro, pero tanto o xoves como o venres haberá actividades dentro do programa oficial, ademais da xa tradicional Ruta dos Pichos, que se celebra en moitos establecementos da localidade desde o día 9.

XOVES 16 DE XANEIRO

Cine:

Título: La Vida de Brian

Lugar: Teatro Lauro Olmo

Hora: 19 e 21 horas

Prezo: Entrada de balde

 

VENRES 17 DE XANEIRO

CONCERTO DO BOTELO, co grupo “MILLADOIRO”

Lugar: Teatro Lauro Olmo

Hora: 21,00 horas

Prezo entrada: 10 euros

 

SÁBADO 18 DE XANEIRO

XX FESTA DO BOTELO

12,00 horas: Acto do pregón e Mención de Honra

Lugar: Teatro Lauro Olmo

Pregoeiro: Avelino González (actor, contador de contos, monologuista)

Mención de Honra: Mundo do viño, Honorato López Isla (socio fundador de Bodegas Godeval).

 

14,30 horas: Comida oficial da Festa do Botelo

Lugar: Pavillón de deportes de Calabagueiros

 

19,00 horas: Cantos de Taberna

Lugar: bares da vila barquense

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng