Vota ao Descenso do Sil como a regata mellor organizada do ano 2019

25.10.19 11:40

A Federación Galega de Piraguismo entrega cada ano premios ás regatas mellor organizadas, así como aos deportistas e clubes que mellor traballo fixeran ao longo do exercicio.

Na designación dos premiados ten especial importancia a opinión da veciñanza. Por elo, a Federación abriu un “formulario que se pode cubrir para axudar a Xunta Directiva da Fegapi a seleccionar os principais protagonistas do ano que termina”, según di textualmente a entidade. A Xunta Directiva elixirá o mellor entre os tres máis votados, polo que é moi importante que o LIII Descenso do Sil, organizado polo Concello do Barco e celebrado no mes de setembro, teña a maior cantidade de votos posible, para estar entre as tres primeiras e poder lograr ser elexida a regata mellor organizada deste ano 2019. Tamén podedes votar no resto das modalidades recollidas pola Federación.

A data límite para votación é o día 10 de novembro,e podedes facelo neste enlace:

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdkHs0eF6eyIKMS_8-2kuXCywZlmtz5oFbFBMi-Arv5VorMKg/viewform?fbclid=IwAR20215CpuMRT5RTmnt2wfyuLiaosaRvvm0hh1rFdWJULIrhJyBOsBR96ds

 

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng