N+1, a compañía de Alfredo Muíño, presenta este venres Involución

26.11.18 12:00

Involución é un espectáculo de teatro, circo e danza para todos os públicos realizado por Alfredo Muíño, unha obra na que o actor leva tempo traballando e que verá a luz por primeira vez no Teatro Lauro Olmo, nunha preestrea que terá lugar este venres, 30 de novembro, ás 21h

O Circo, a danza e o teatro serán o lenzo para debuxar a historia da humanidade sobre o noso planeta, a súa violenta infancia no espazo, unha madurez viva e relativamente equilibrada, o seu provir incerto. Tres actos dunha aventura axitada que podería transformarse en traxedia a menos que aprendamos a facernos cargo do seu destino. Involución é a obra máis ambiciosa de Alfredo Muiño, unha obra que leva perfeccionando no tempo todos estes anos e que por fin sae á luz.

N+1 realiza este semana unha residencia artística no TLO para axustar os últimos detalles do espectáculo, que tamén será ofrecido a estudantes de secundaria do Barco o mércores nunha función matinal.

Involución está interpretado por Alfredo Muíño, con dirección de Pablo Sánchez, coreografía de Bárbara Monteagudo, deseño de iluminación de Alfonso Castro, espazo sonoro de Pedro Lamas e vestiario de Sigrid Blanco.

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng