La Estampida presenta Lo nunca visto este venres no TLO

19.11.18 12:06

O grupo madrileño preséntase por primeira vez no Barco con este espectáculo no que tres mulleres perdedoras tratan sorrindo de camuflar a súa dor e o seu fracaso. O venres 23 de novembro ás 21 horas.

Lo nunca visto é un gran traballo actoral Alicia Rodríguez, Belén Ponce de León e Ana Turpín, dirixido por José Troncoso.

A un mes do peche por impagos do seu estudio, unha decrépita profesora de danza e teatro para nenas decide que é o momento do “agora ou nunca” e realizar un espectáculo que revolucione a arte contemporánea: Lo nunca visto.

Sen talento, sen cartos e xa sen alumnas nas súas clases, lánzase a recrutar a “artistas comprometidos” para a súa causa.

Só acudirán á súa chamada dúas das súas exalumnas: unha yonki e unha ama de casa fugada hai pouco.

A entrega en corpo e alma das nosas tres protagonistas, que non teñen outra cousa que contarnos máis que as súas propias vidas, poranos o listón moi alto, facéndonos bailar de pranto e rir de suor.

Comeza a función.

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng