Actividades do Samaín na Bilioteca do Barco

30.10.18 09:40

O Concello do Barco organizou diferentes actividades con motivo do Samaín, que se desenrolarán na súa meirande parte na Biblioteca Pública, dirixidas aos nenos e nenas do municipio. Estas son as actividades:

 

Martes día 30 de outubro.- Biblioteca Municipal do Barco

 

20:00h - Conferencia "Do Samaín ao Hallomain, biografía dunha perversión" da man do mestre Rafael López Loureiro, investigador sobre o tema e autor do libro Samaín a festa das caliveras (máis info en https://dialnet.unirioja.es/servlet/autor?codigo=788065).

- Exposición Personaxes de Medo, realizada polos/as alumnos/as de 6º de primaria de cada centro escolar do Barco.

 

 

Mércores día 31.-Biblioteca Municipal do Barco

 

-18:00h. Festa de Medo na Biblioteca.

-Actividade de Animación á lectura, partindo da exposición de personaxes de medo realizada polos alumnos de 6º de Primaria dos centros escolares do Barco es que está aberta na propia biblioteca. Asistirán alumnos/as de 3º, 4º, 5º e 6º.

 

-Festa con animación: Pintacaras, fotomatón, un contacontos da man de dous alumnos do Martaguisela do grupo de teatro ( Zoe Ramos e Miguel Ortiz) e os malabares de Guti González.

 

21:00h.- Noite de Medo na Biblioteca.

Campamento na biblioteca para os nenos/as de entre 5 e 9 anos. Haberá unha cea temática, diferentes xogos e sorpresas e unha película de medo, pero para todos os públicos. Esa noite os nenos durmirán na Biblioteca. Para esta actividade é precisa inscrición (na propia Biblioteca, entre o 25 e o 30 de outubro).

 

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng