Programación da actividade "Ler conta moito", na Biblioteca Municipal do Barco de Valdeorras

10.09.18 11:04

Mércores, 12 de setembro de 2018, ás 18,00 horas

 

"A GALIÑA DOS OVOS DE CONTO"

É unha actividade creativa que axunta literatura e plástica, narración e obradoiro, na que as rapazas-es elaborarán bonecos dos personaxes dun conto que inventarán coa axuda da galiña Rosiña.

Público: Nenos e nenas desde tres anos

Duración: 75 minutos aproximadamente.

 

Sábado 20 de outubro de 2018, ás 11,30 horas

 

"ONDE ESTÁ O VENTO?"

Público: contacontos musical para bebés ( ata 3 anos)

Duración: 50 minutos aproximadamente.

Esta actividade realizase para celebrar o Día da Biblioteca, que se conmemora o 24 de outubro.

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng