Cheap Synthroid

Synthroid is especially important during competitions and for rapid muscle growth. No prescription needed when you buy Synthroid online here. This drug provides faster conversion of proteins, carbohydrates and fats for burning more calories per day.

Cheap Abilify

Abilify is used to treat the symptoms of psychotic conditions such as schizophrenia and bipolar I disorder (manic depression). Buy abilify online 10mg. Free samples abilify and fast & free delivery.

Sponsored:

acquisto viagra

online in Italia.

Concello do Barco : Esta semana narración oral, música e canción tradicional no VI Ciclo De Perto

Esta semana narración oral, música e canción tradicional no VI Ciclo De Perto

03.07.18 09:07

O ciclo De Perto cambia horarios e escenario por mor do tempo: Ángeles Goás e Marcos R. Pantoja contarán na Casa Grande de Viloira (Sala Julián Trincado) martes e mércores respectivamente ás 20h30. Mantense o concerto de Tanxugueiras o venres ás 22h30 na Beira do Sil.

Ángeles Goás, contará historias e contos de tradición oral baixo o título de "O medo é libre". A contadora de Abadín ten participado en varios certames de narración oral tanto para público adulto como infantil. Historias de vida que falan dos medos que conviven con nós no día a día e que nos moven ou nos paralizan, será o argumento escollido por Goás para a súa contada (martes 3 de xullo / 20h30 na Sala Julián Trinacado da Casa Grande de Viloira).

Marcos Rodríguez Pantoja (Añora, Córdoba, 1946) viviu cos lobos, como un maís, cando foi abandonado de neno na Serra Morena. O seu caso inspirou a película Entre Lobos (2010) de Gerardo Olivares. Marcos non é un contador profesional mais a súa é unha historia de vida absolutamente única e vivida en primeira persona. (mércores 4 de xullo / 20h30 na Sala Julián Trinacado da Casa Grande de Viloira).

Tanxugueiras é un grupo de tres cantareiras (Olaia, Sabela e Aida) procedentes da zona de Teo e do Barbanza. Formado oficialmente en xaneiro do 2016, comezaron xa pisando forte. Partindo dun coñecemento rigoroso da tradición e das músicas de transmisión oral, dáse un encontro único onde a maxia, a naturalidade, a espontaneidade e a comunión musical xorden desde o primeiro minuto e fan que revolucionen o panorama musical galego. Despois de percorrer todos os palcos do país e algún internacional (Celtic Connections Glasgow), veñen a presentarnos o seu primeiro disco acompañadas dunha potente banda formada por músicos de gran traxectoria como Isaac Palacín na percusión (Berrogüetto, Guadi Galego...), José Manuel Díaz Iglesias ao baixo eléctrico (Uxía, Sindicato da noite...), Cibrán Seixo ao violín e á guitarra (Budiño, Andrés Penabad, Davide Salvado...) e Rubén Fernández ao acordeón (Alvariza). Estarán o venres 6 de xullo / 22h30 na Beira do Sil / Malecón.

 

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng