Medea, Salvaxe? de Palimoco Teatro o venres 20 no TLO

13.04.18 14:38

Palimoco Teatro porá en escena o venres 20 de abril (21h) Medea, Salvaxe?, unha atrevida versión da historia desta sacerdotisa grega que tras sentirse traizoada polo seu marido, e polo seu pobo, mata aos seus fillos por vinganza.

Moitas son as reelaboracións que o mito experimentou nas mans dos autores clásicos, medievais e modernos, pero se hai algo que todas teñen en común é o feito de que invariablemente a heroína debe enfrontarse con férreos dilemas e tomar decisións que resultarán fatais para o curso da súa vida e tráxicas tamén para quen a rodea.

A nosa proposta é un convite para entrar no tempo pasado cunha nova actitude: dubidar da estereotipia, evitar os prexuízos, refutar as vías inmutables e escoitar. Queremos contar a súa historia desde unha ollada diferente e actual, trazando o retrato dunha muller entre dous mundos –estranxeira aquí e acolá- que trata de afirmarse no medio da incomprensión e o receo dos habitantes da cidade onde emigrou.

Elenco: Paloma Lugilde, Sergio Zearreta, Nate Borrajo. Autora: Crhista Wolf. Dirección: Ánxeles Cuña Bóveda

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng