Este venres teatro infantil: O Souto dos Prodíxios

03.04.18 09:24

Producións Dispersas presenta un espectáculo para nenos de 3 a 10 anos e para toda a familia: O Souto dos Prodíxios. Forma parte da programación da Rede de Espazos Culturais de Ourense e poderá verse no TLO este venres, 6 de abril, ás 20 horas.

O Souto dos Prodixios conta a historia de Curuxiño: O gardian do Souto dos Prodixios. Un lugar no que todo pode suceder. Non hai nada imposible baixo os castiñeiros: Os ourizos falan en varios idiomas, os raposos cantan ópera lixeira, os sapos compoñen poemas que riman, os osos fan punto de cruz nas silveiras, temos xirasoles que dormen de día e as estrugas non pican se lles chiscas un ollo.

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng