Actos con motivo do Día da Muller
O Concello organiza diferentes actividades con motivo do Día da Muller, que se celebra o 8 de marzo en todo o mundo.
A programación inicouse o mércores 26, cunha mesa redonda na que participaron mulleres de diferentes formacións políticas para falar sobre a convocatoria de folga de mulleres para ese día. O mércores 7 de marzo proxectarase a película "La batalla de los sexos", no Teatro Lauro Olmo e coa colaboración do Cine Club Groucho Marx.
O mesmo día 8, ás 13 horas, celebrarse unha concentración e lectura de manifiesto na Praza do Concello, a partir das 13 horas, e outra ás 20,00 horas, convocada polas principais centrais sindicais, no mesmo lugar.