Aberta no Barco a exposición da XII Bienal de Pintura do Eixo Atlántico

10.11.17 12:30

A Sala de Exposicións da Praza do Príncipe acolle a XII Bienal de Pintura do Eixo Atlántico, que se inaugurou o xoves día 9 e permanecerá aberta ata o próximo día 27, de 19, 00 a 21,00 horas.

Esta edición empeza o seu percorrido no Barco e visitará as cidades do Eixo ao longo de 2018. No certame participaron máis de 120 artistas, entre os que se seleccionaron a treintena de obras que poden verse no Barco. Os premios do xurado, presidido pola artista portuguesa Paula Tavares, foron os seguintes:

 

-Premio Novos Talentos Luso-galaicos: Fragmentos de Memória, de Fábio Araújo.

-Segundo Premio de autor galego: América, de Xosé Lois Carreira López.

-Segundo Premio de autor portugués: Two Big Women, de Marco Macedo.

-Primeiro Premio á mellor obra do certame: Série 0, Descontruindo, de Fátima Tees.

 

A Bienal de Pintura do Eixo Atlántico, con 20 anos de vida ás súas costas, configurouse como unha das principais da Eurorrexión, xunto coa Bienal de Cerveira, e constitúe un auténtico escaparate da creación pictórica galaico portuguesa na Península Ibérica.

 

A inauguración no Barco supón unha aposta pola promoción do interior da Eurorrexión, xa que este tipo de eventos adoitan producirse nas grandes cidades da costa, o que dalgunha forma limita o acceso aos recursos culturais das cidades do interior, menos poboadas e por tanto con menos recursos dispoñibles.

 

A cohesión do territorio constitúe unha das prioridades do Eixo Atlántico, xa sexa no ámbito da cultura ou das infraestruturas.

 

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng