Amplo programa cultural na Semana das Letras Galegas

09.05.17 11:27

A Semana das Letras Galegas, este ano dedicada a Carlos Casares, ofrecerá seis actividades culturais entre os días 15 e 21 de maio. Concertos, teatro, cinema, un maratón de lectura e una conferencia compoñen o programa.

A Semana comezará o luns 15 de maio cunha conferencia de Afonso Vázquez-Monxardín titulada "Roteiro sobre a vida e a obra de Carlos Casares". O relator é catedrático de Língua e Literatura Galega e colaborador habitual en varios medios de comunicación. Será ás 20h na Biblioteca Delgado Gurriarán, con entrada libre.

O propio Día das Letras, mércores 17 de maio, terá lugar o tradiconal Maratón de lectura que organiza a Asociación Vagalume, na praza do Concello a partir das 11h30. Pola tarde ás 20h na praza Maior o grupo Xardín Desordenado ofrecerá un concerto homenaxe a Carlos Casares, con cancións compostas con letras do autor ourensán.

O xoves 18 ás 20h30 e o domingo 21 ás 20h no TLO o cine club Groucho Marx presentará a película de animación "Psiconautas, os nenos esquecidos", en versión galega, un filme de Pedro Rivero e Alberto Vázquez que foi distinguido co Goya á Mellor Película de Animación.

O venres 19 ás 21h no TLO o Teatro do Morcego representará "Os vellos non deben namorarse" de Alfonso R. Castelao con dirección de Celso Parada, escenografía de Pablo Pastor, vestiario de Carlos Alonso e un extenso elenco formado por Miguel Borines, Mónica Caamaño. Andrés Giráldez, Celia González, Elina Luaces, Cristina Mariño, Iolanda Muíños, Miguel Pernas, Tatán, Miguel Varela, María Veiga e Mundo Villalustre. As entradas (5€) estarán á venda una hora antes da función.

O sábado día 20 (Teatro Lauro Olmo ás 18h) a empresa R patrocina un concerto, para público infantil e familiar, de Mamá Cabra baixo o título de "Paxaro amigo músicas para a paz". A entrada é gratuíta e a invitación debe retirarse na sede de R no Barco.

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng

Cheap Synthroid

Synthroid is especially important during competitions and for rapid muscle growth. No prescription needed when you buy Synthroid online here. This drug provides faster conversion of proteins, carbohydrates and fats for burning more calories per day.

Cheap Abilify

Abilify is used to treat the symptoms of psychotic conditions such as schizophrenia and bipolar I disorder (manic depression). Buy abilify online 10mg. Free samples abilify and fast & free delivery.

Sponsored:

acquisto viagra

online in Italia.