O CDG presenta o próximo venres Martes de Carnaval de Valle Inclán

05.05.17 12:41

O TLO acolle o venres 12 de maio ás 21 h. a representación de Martes de Carnaval de Valle Inclán, dirixida por Marta Pazos. Unha gran produción con dez actores en escena para poñer en galego, por primeira vez, dous dos esperpentos do xenial dramaturgo. As entradas (5 €) poden adquirirse na oficina do Teatro de luns a venres (12 a 14h) ou na billeteira unha hora antes da función.

Iria Azevedo, César Cambeiro, Mercedes Castro, Anabell Gago, Miquel Insua, Alejandro Jato, Pablo Rivero Madriñán, María Roja, Machi Salgado e Sergio Zearreta forman o elenco. Marta Pazos é a directora.

Na obra o noso autor ataca directamente aos poderes militares, políticos, monárquicos e eclesiásticos, para facer un retrato escuro, tráxico e lúcido dun país.

As galas do defunto comeza en Galicia en 1898, nunha cidade portuaria co sabor da derrota nos beizos e toda a resaca que provocou a guerra de Cuba. Para construír A filla do capitán, o autor partiu de dous acontecementos reais da época: o pronunciamento de Primo de Rivera en 1923 e o crime do Capitán Sánchez, famoso na prensa sensacionalista, en 1913.

Valle-Inclán desprega nestas pezas a súa capacidade satírica e acidez, para conformar así un bodegón da mediocridade e corrupción de baixa estofa que imperaban nos altos estamentos políticos e militares. Isto é España, as miserias dos poderosos várrense debaixo da alfombra e aquí non pasou nada.

Do corazón desta gran chafallada nacional xorden os seus personaxes, vítimas dunha patria que lles pasa por riba como unha apisoadora e contra a que se rebelan coas únicas armas que lles aprenderon: a extorsión, a mentira e a picaresca.

Por fin podemos gozar de Valle en galego. E facelo a través de dúas pezas tan en sintonía coa nosa realidade. Maxicamente para o seu autor, que se converte aos ollos contemporáneos en visionario do signo dos nosos tempos. Traxicamente para nós, que nos atopamos ante a terrible tarefa de asumir que a nosa realidade (o noso país, Europa, o mundo; a condición humana, en fin) mudou ben pouquiño desde que Valle escribira que na guerra (...) só se busca o gasto de municións. É unha porca vergonza. O soldado, se soubese a súa obriga e non fose un paria, debía tirar sobre os seus xefes (...). E que estas palabras descarnadas son extrapolables a todas as ordes das nosas vidas.

Esta viaxe asegura unha travesía divertida, intensa e emocionante. Valle-Inclán presenta en Martes de Carnaval un delicioso río de inmundicia. Só nos resta tirarnos de cabeza e gozar do baño. A ocasión ben o merece.

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng

Cheap Synthroid

Synthroid is especially important during competitions and for rapid muscle growth. No prescription needed when you buy Synthroid online here. This drug provides faster conversion of proteins, carbohydrates and fats for burning more calories per day.

Cheap Abilify

Abilify is used to treat the symptoms of psychotic conditions such as schizophrenia and bipolar I disorder (manic depression). Buy abilify online 10mg. Free samples abilify and fast & free delivery.

Sponsored:

acquisto viagra

online in Italia.