dd Concello do Barco : Charla no Multiusos sobre voluntariado xuvenil en Europa

Charla no Multiusos sobre voluntariado xuvenil en Europa

27.09.16 13:40

A Concellaría de Deportes, Xuventude e Participación cidadá organizou unha CHARLA que se celebrará o vindeiro LUNS 3 DE OUTUBRO ás 19.30 horas, no Salón de Actos do Edificio Multiusos (Concello Novo), e que ofrecerán responsables da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado a través de Amigos da Terra, sobre VOLUNTARIADO EN EUROPA. Nela informarase a tódolos mozos e mozas sobre o funcionamento do Voluntariado ao estranxeiro. Daranse a coñecer todos os detalles; lugares aos que viaxar e datas,  así como as tarefas que se realizarán. Tanto as viaxes como a formación lingüística e especifica e seguros de saúde están cubertos, e son totalmente gratuítos. O voluntariado está dirixido a xovenes de entre 17 e 30 anos, e pode durar entre 2 e 12 meses.

Achegádevos e informádevos, é unha experiencia moi interesante.

Comienza la descarga del archivoFolleto Informativo

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng