Cheap Synthroid

Synthroid is especially important during competitions and for rapid muscle growth. No prescription needed when you buy Synthroid online here. This drug provides faster conversion of proteins, carbohydrates and fats for burning more calories per day.

Cheap Abilify

Abilify is used to treat the symptoms of psychotic conditions such as schizophrenia and bipolar I disorder (manic depression). Buy abilify online 10mg. Free samples abilify and fast & free delivery.

Sponsored:

The best online shops in Italy:

Concello do Barco : A Festa do Botelo do Barco declarada de Interese Turístico Galego

A Festa do Botelo do Barco declarada de Interese Turístico Galego

24.10.14 09:17

No consello da Xunta celebrado onte, 23 de outubro, foi declarada Festa de Interese Galego a Festa do Botelo do Barco, unha cita ineludible no calendario festivo da comarca que vai celebrar, o próximo mes de xaneiro, a súa decimo quinta edición. A festa xorde como resposta a unha demanda amplamente sentida na veciñanza barquense para a exaltación do embutido máis popular e singular dos derivados da matanza do porco.

A orixe da festa sitúase na decisión municipal de organizar un evento festivo e gastronómico que se concreta, por primeira vez, o día 12 de xaneiro de 2001 cun xantar ao que acudiron catrocentas persoas.

Pouco lugares amosan un grao de especialización tan requintado como o que observamos na Terra de Valdeorras ao redor dos produtos da matanza do porco. O botelo, embutido no que se utiliza o estómago do animal como contedor, é o máis grande de todos eles. Boa parte do leste de Galiza e mailas áreas estremeiras de Asturias, O Bierzo veciño ou As Portelas de Zamora e as portugueas de Tras-Os-Montes coñecen algunha variante de embutido baixo denominacións coma botelo, butelo ou bitelo, androlla ou andolla, á parte da forma castelanizada botillo. Neste punto cómpre non esquecer que, malia existir unha proximidade evidente, o botelo do Barco non é exactamente o mesmo có seu sonado parente berciano, que viría sendo máis ben o noso pigureiro.

Na hora de levalo á mesa recoñecemos dende antigo un vencello especial entre este produto e as celebracións festivas do inverno. Dependendo da data escollida para a mata, días coma o do Nadal, Aninovo, Reis, San Mauro ou mesmo o Santo Antón teñen como prato estrela de moitos menús valdeorreses o botelo. É, por así dicilo, o grande agasallo gastronómico que as xentes do Barco lles ofrecen aos seus familiares e amigos.

Comer o botelo sempre foi unha reunión gozosa, un acto colectivo de encontro coas tradicións máis antigas, un sinónimo de fartura mesmo en tempos de escaseza compartindo sabores gorentosos. Non podía deixar de ter, xa que logo, a súa propia festa de exaltación intimamente vencellada á promoción turística e gastronómica do Barco e da súa contorna.

A Festa do Botelo consiste nunha degustación ou xantar colectivo no que se ofrece o botelo acompañado de cachelos (patacas cocidas) con repolo e chourizos, con viño tinto do Barco e sobremesa de torta de roxóns, unha elaboración da repostería local ligada tamén á matanza.

Previamente celébrase un acto cultural no que se dá lectura ao pregón, por parte dunha persoa representativa do mundo da comunicación, a cultura, a empresa ou a política. Nese mesmo acto faise entrega da Mención de Honra, unha distinción que se creou na cuarta Festa do Botelo para recoñecer o labor de persoas e institucións a prol do desenvolvemento, promoción e divulgación da gastronomía local e dos produtos de excelencia nos que se basea.

O día 18 de xaneiro de 2014 tivo lugar a décimo cuarta edición. A Mención de Honra da XIV Festa do Botelo do Barco outorgouselle a Rita Barrio Moldes (Oulego, 1943), da Casa Ignacio de Viloira, bar, casa de comidas e fonda que puxo en marcha co seu home, Ignacio Sarria Barredo, en 1985 na rúa Elena Quiroga de Viloira. O pregón da festa foi lido polo editor e fotógrafo Carlos García Hervella, do xornal O Sil. No xantar, celebrado a continuación no Pavillón Polideportivo de Calabagueiros, foron servidas 950 comidas.

 

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng