Cheap Synthroid

Synthroid is especially important during competitions and for rapid muscle growth. No prescription needed when you buy Synthroid online here. This drug provides faster conversion of proteins, carbohydrates and fats for burning more calories per day.

Cheap Abilify

Abilify is used to treat the symptoms of psychotic conditions such as schizophrenia and bipolar I disorder (manic depression). Buy abilify online 10mg. Free samples abilify and fast & free delivery.

Sponsored:

The best online shops in Italy:

Concello do Barco : Verán 2009: O Barco é unha festa!

Verán 2009: O Barco é unha festa!

11.07.09 10:19

Onte foi presentado aos medios polo concelleiro de Cultura, Eduardo Ojea, o tríptico que recolle os principais eventos que terán lugar no Barco neste verán que comeza. Trátase dunha guía para vivir intensamente estes meses de concertos, bailes, actos culturais e lúdicos en espazos abertos.

The Sunday Drivers

The Sunday Drivers

O mesmo día que comeza o verán foi o elixido polo concelleiro de Cultura para facer a presentación dunhas actividades, moitas delas xa coñecidas e tradicionais no calendario estival, variadas e fundamentalmente festivas, que estarán recollidas nun tríptico que será difundido masivamente entre veciños e visitantes nos próximos días.

Algunhas destas actividades están organizadas por asociacións e contan coa colaboración municipal, recóllense tamén as festas tradicionias como as da Nosa Señora en Vilanova, San Roque nas Casas Baratas ou A Virxe de Galír en Éntoma, outras creadas recentemente como o Camiño das Covas do Castro, a Festa da Virxe da Barca ou a do Carme no Serro-Vilobal. Xunto a elas aparecen eventos como a Baixada de Carrilanas en Viloira, que vai pola V edición, a X Concentración Montorista, ou o popular Descenso do Sil que o 12 de setembro cumprirá 43 anos.

Meses de baile, como os que terán lugar na praza Maior todos os domingos pola tarde, nos que participa fundamentalmente xente maior, ou a demostración de bailes de salón, que vai ter lugar o 25 de xullo por segundo ano consecutivo, e os bailes do mundo que poderán verse de novo nas XXVI  Xornadas de Folclore, o 13 de agosto no Malecón, ou no espectáculo de percusión e música cubana “La Habana de Noche”, o 28 de agosto.

De concertos O Barco irá sobrado este verán, o festival Son de Meiga, acollerá os días 23, 24 e 25 de xullo na Raña, un impresionante desfile de actuacións musicais de primeira liña, Rosendo, Siniestro Total, Def con Dos, Macaco ou Mago de Oz, son algúns dos nomes máis rechamantes do cartel presentado na semana pasada. Quedaban por coñecer  as contratacións musicais para O Cristo, o día 12 terá lugar o concerto estelar a cargo do grupo indie The Sunday Drivers, o día anterior actuará o ex-Siniestro Miguel Costas e o día 13 o grupo Tiempos de Arte, cun estilo próximo á rumba catalana.

Nun eido máis cultural o programa presenta a celebración da XIX Semana de Cine do Barco que organiza o Groucho Marx entre o 21 e o 31 de agosto, a exposición "Editar en galego baixo a censura franquista" da Editoria Galaxia e a Xunta de Galicia, que se poderá ver do 2 ao 30 de xullo en Caixanova, e o concerto do grupo vocal Son do Sil que estará na praza do Concello o día 11 de xullo.

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng