Cheap Synthroid

Synthroid is especially important during competitions and for rapid muscle growth. No prescription needed when you buy Synthroid online here. This drug provides faster conversion of proteins, carbohydrates and fats for burning more calories per day.

Cheap Abilify

Abilify is used to treat the symptoms of psychotic conditions such as schizophrenia and bipolar I disorder (manic depression). Buy abilify online 10mg. Free samples abilify and fast & free delivery.

Sponsored:

acquisto viagra

online in Italia.

Concello do Barco : Presentación da rede de dinamización da sociedade da información (cursos de informática)

Presentación da rede de dinamización da sociedade da información (cursos de informática)

11.07.09 09:00

O Concello do Barco de Valdeorras conta cunha dinamizadora da Sociedade da Información no Centro Comarcal de Valdeorras en horario de 10:30h-14:00h e 16:00h a 20:30h luns, martes,mércores e xoves e 09:30h-15:00h o venres.

A iniciativa da Rede de Dinamización da Sociedade da Información incluida no PEGSI(Plano Estratéxico Galego da Información da Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información) é unha das estratexias fundamentais para o desenvolvemento das políticas de inclusión na S.I. e o desenvolvemento rural. A rede da Dinamización da Sociedade da Información axudará a levar acabo actuacións relacionadas ca actividade económica, empresarial e a implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información.

Entre os seus obxectivos están:

●      Promover o uso das NTIC na poboación, facendo especial fincapé naqueles colectivos onde a fenda faise máis evidente.

●      Dinamizar as PEMEs e microPEMES galega, mostrándolles as vantaxes da S.I. para o desenvolvemento rural,empresarial, industrial e cultural de Galiza.

●      Utilizar eficientemente os recursos tecnolóxicos existentes de modo que permitan o acceso da poboación en xeral á utilización das aulas dispoñibles e acompañar e formar a cidadanía no acercamento a Sociedade da Información.

●      Crear e consolidar a figura de dinamizador/a da Sociedade da Información, que serán axentes que dirixirán a súa actuación con actividades e iniciativas ás persoas con menos capacidade de acceso S.I.

Para acadar os seus obxectivos a Rede de Dinamización da S.I. está a desenvolver:

●      Presentación e demostración prácticas aos distintos colectivos sobre as utilidades da aplicación das NTIC.

●      Obradoiros formativos de variada temática (Alfabetización dixital, DNI electrónico, OpenOffice, Procura de emprego, Certificado Dixital, SIXPAC,Viaxes,Banca electrónica, Correo electrónico....) dirixidos e adaptados aos diferentes colectivos sociais (mulleres, maiores, persoas con discapacidade, desempregadas/os PEMEs e microPEMEs) e sectores profesionais (agricultoras/es gandeiras/os etc.)

●      Cursos específicos destinados ás PEMEs e microPEMEs.

●      Difusión e fomento do emprego do software libre.

 

Descárgate a lista dos Obradoiros (cursos)

Interesados/as poñerse en contacto coa Dinamizadora da Sociedade da Información no Centro Comarcal de Valdeorras ou chamando ao teléfono 988347429.

Para máis información: http://dinamiza.sociedadedainformacion.eu

 

 

 

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng