O programa cultural de xuño inclúe teatro infantil, música e cine

20.06.09 10:52

Xa está dispoñible o programa cultural correspondente ao mes de xuño. Terá lugar no Teatro Lauro Olmo e na Casa Riocigüeño, que acollerá o festival “Espazos sonoros” os días 18 e 26, dous concertos con música americana e española do século XX.

A tempada teatral pecharase este venres día 5 coa representación ás 20 horas de Os soños na gaiola, unha montaxe da Compañía do Trinke Trinke en homenaxe a Manuel María, inspirada na obra do mesmo título do autor da Terra Chá, para nenos e nenas a partir dos 4 anos.

O cine club Groucho Marx inclúe na súa programación mensual dos xoves, todas elas en horario de 20h30 e 22h30, as películas Man in Wai (día 4); Asfixia (día 11); Corazones Rebeldes (días 18) e El niño pez (día 25).

O festival Espazos Sonoros é un programa de música, organizado pola Consellaría de Cultura por segundo ano consecutivo, que sintetiza a posta en valor do patrimonio histórico e do potencial artístico e creador do país mediante a programación de concertos en espazos de interese cultural. Neste caso o marco elixido é a Casa de Riocigüeño, antiga casa de labranza de dous andares, construída no século XVII e cunha forte relación coa historia de Valdeorras.

Dentro deste programa terá lugar o xoves 18 ás 20h30 o concerto titulado "Música de América e España" do cuarteto de guitarra Los cuatro elementos. O venres 26 ás 20h30 o grupo Ensemble Iulius XIII ofrecerá un programa titulado "Ástor Piazzola e Nino Rota: dúas estrelas da música do século XX", música interpretada por violín, violonchelo, clarinete e piano.

Podes descargar o programa completo aquí.

SMC

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng