PROGRAMA CON MOTIVO DO DÍA INTERNACIONAL PARA A ERRADICACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO

21.11.19 13:30

Esta fin de semana comezan as actividades organizadas polo Concello do Barco con motivo do Día internacional para a erradicación da violencia de xénero, que se conmemora en todo o mundo o 25 de novembro. Son moitas as actividades que componen o programa diseñado pola Concellería de Igualdade con este motivo, e que foron presentadas esta mañá.

Do 25 ao 30 de novembro continúa a campaña “Valdeorras en Negro”, durante a que os comercios e negocios do Barco utilizarán as camisetas con dito lema, (distribuída años anteriores). Este año se distribuirán adhesivos coa mesma frase.

O venres 22 de novembro impartirase taller autodefensa para mulleres. (Edificio da Biblioteca, 3º andar) de 16:00 a 18:00 e de 18:30 a 20:30.

O sábado 23 de novembro, terá lugar unha charla coloquio con María Reimóndes. Baixo o título "Ler o mundo en negro: Literatura galega e feminismo", será na biblioteca, as 11,30h.

O luns 25 de novembro, en colaboración co Cineclube Groucho Marx, proxección do documental " Todas as mulleres que coñezo" de Xiana do Texeiro, Será ás 10,30 horas, no Teatro Lauro Olmo, e dirixido ao alumnado dos centros de Secundario do Barco.

O luns 25 de novembro, ás 19 horas. proxección do filme "Todas as mulleres que coñezo" dirixida ao publico xeral.

O luns 25 de novembro, na Praza do Concello ás 12horas, celebrarse unha concentración de repulsa contra a violencia de xénero, con una actuación musical en homenaxe ás vítimas, exhibición de carteis en memoria das mulleres asasinadas, feitos polos obradoiro da memoria e, rematando o acto, procederase á lectura dun manifesto por parte de varios estudantes de secundaria.

O mércores 27 de novembro, CD Barco y SD Ponferradina, celebrarán un partido de fútbol contra de la violencia de xénero e o sábado 7 de decembro, ás 20,00 horas, no Teatro Lauro, ofrecerase a representación teatral da obra "O Rueiro das Liortas".

 

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng