Comeza o ciclo de conferencias sobre Florencio Delgado Gurriarán

13.11.19 14:04

Este próximo venres comeza en Córgomo o ciclo de conferencias sobre Florencio Delgado Gurriarán, con tres actos en diferentes puntos da comarca. Esta semana –o sábado 16, a partir das 20,30 horas no teatro Lauro Olmo- celebrase tamén a gala de entrega dos galardóns da segunda edición do Premio de Poesía Florencio Delgado Gurriarán. O acto será presentado por Xosé Barato, María Lado e Lucía Aldao.

As conferencias organizadas son as seguintes:

-15 de novembro de 2019, ás 20,30 horas.- Córgomo (Adega D´Berna). Conferencia titulada “Carlos Velo, 110 anos entre Galiza e México”, a cargo de Xosé Manuel Rodríguez.

-22 de novembro de 2019, ás 20,30 horas.- Petín (Adega Carballal). Conferencia titulada “Florencio Delgado Gurriarán e as palavras rebeldes em defensa da lingua. Achegamento xociolingüistico á súa poesía”, a cargo de Sechu Sende.

-29 de novembro de 2019, ás 20,30 horas.- A Rúa (Adega Peyma en Fontei). Conferencia titulada “A variedade valdeorresa do galego oriental e a súa presenza na lingua literaria de Florencio Delgado Gurriarán”, a cargo de Concepción Alvarez Pousa.

 

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng