O Barco acolle dous obradoiros de Quérote+ para mozos, organizados pola concellería de Servizos Sociais

19.12.18 14:22

A concellería de Servizos Sociais do Concello do Barco ven de organizar dous obradoiros sobre sexualidade, dirixidos a mozos e mozas de ata 30 anos, dentro dos programas elaborados pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia.

Este organismo pon a disposición dos concellos de Galicia unha oferta formativa baixo a idea de “ofrecer aos mozos e mozas espazos onde adquirir coñecementos e ferramentas para desenvolverse e medrar dun xeito o máis satisfactorio posible”. No caso do Barco, os obradoiros serán o 27 de decembro, e a inscrición realizarase na planta baixa da Consistorial, ou no teléfono 988320202, extensión 2161.

 

Obradoiro pracer seguro, seguro pracer: para mozas e mozos de 14 a 18 anos.

Obradoiro applícate na seducción: Mocidade entre 18 e 30 anos.

 

 

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng