dd Concello do Barco : Rematan as obras de mellora de infraestruturas da rúa Ourense

Rematan as obras de mellora de infraestruturas da rúa Ourense

20.12.10 09:00

Hoxe remataron as obras de mellora das infraestruturas e saneamento na rúa Ourense, executadas pola empresa Construcciones e Obras Ayasa, S.L., cun importe total de 100.615 euros.  As obras consistiron no cambio integral do saneamiento e abastecimiento, así como a reposición das plaquetas das beirarrúas. Esta mañá procedeuse á limpeza da rúa e as beirrarúas, co que queda lista para o seu uso por parte dos veciños dentro dos prazos previstos para a súa execución.

Dado que a rúa Ourense é unha arteria que comunica o Paseo do Malecón con Conde de Fenosa, ensancharonse as dúas beirrarúas, seguindo así co obxectivo marcado polo Concello para que todo o entorno deste popular paseo estea o máis humanizado posible e os peóns dispoñan de espazo para o paseo. Este feito obligou a suprimir unha liña de aparcadoiros nesta rúa, na que quedan zoas para a carga e descarga e espazo bastante para o estacionamento de vehículos. Ademáis, existen nas inmediacións en torno a 300 prazas de estacionamiento, que chegan para cubrir a demanda nesta zona.

O proxecto forma parte do Plan Estatal de Inversións Locais, financiado íntegramente polo goberno central. Obras similares, dentro do mesmo plan, están en proceso de execución. A do mesmo título, pero na rúa Pontevedra, ten un presuposto de 173.796 euros,  e foi adxudicada  a Aglomerados e Construcciones Valdeorras, mentras que a da rúa Regueiral, con un prezo de 124.999 euros, está a ser realizada pola empresa Edificaciones e Construcciones Otrebal. Na rúa Regueiral prolongarase o carril bici dende o paseo do Malecón ata a rúa Coruña, para comunicar así a zona escolar.

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng