Viravolta Títeres presenta este venres A Caixa de Música

18.05.10 11:08

Viravolta Títeres, un clásico na escena galega dos monicreques, presenta no Barco A Caixa de Música, un espectáculo para público infantil e familiar con títeres de mesa e música en directo, unha fórmula que xa ten ensaiado con éxito a compañía de Lalín noutras ocasións. Será o venres ás 20 horas no Teatro lauro Olmo.

Icía e Salterio, xogando estragan a caixa de música de Calderón, o vello músico que toca na praza. Apesarada, Icía buscará o xeito de arranxala topando uns habilidosos personaxes, Zaracruso e Alterego, que lle poden prestar “gran axuda”.
 
É un espectáculo visualmente atractivo, debido a iluminación e as cores refletantes na luz negra. A música en directo crea un universo único que atrapa aos espectadores e trasládaos ao mundo de Icía e Salterio.

O texto é orixinal do grupo, a dirección de Anxo García, a música de Ermitas García Ríos, os deseños de Leandro Lamas e os manipuladores son Pilar Álvarez, Xulio Balado e Anxo García.

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng