Aprazado o inicio da exposición sobre a II República

29.09.09 09:10

Na Galería Sargadelos do Barco poderá verse entre os días 13 e 29 de outubro esta exposición do ARGA (Ateneo Republicano de Galicia), prevista para o día 5. Problemas coa itinerancia obrigaron ao seu adiamento.

A proclamación da II República

A proclamación da II República

A mostra foi creada en 2006 co gallo do 75 aniversario da II República e está formada por un conxunto de 23 paneis con contidos documentais e pedagóxicos.

Cada panel integra a reprodución dun conxunto de documentos gráficos orixinais (fotos, imaxes, deseños, prensa, artigos) e textos propios explicativos. Os paneis inclúen un deseño de lectura fácil e atractiva.

Ofrece un percorrido desde os comezos da tradición republicana en España e Galicia ata o Estatuto de Autonomía de Galicia, pasando polas características da IIª República no que atinxe á estrutura do Estado, educación e cultura, laicismo, dereitos e liberdades civís, condicións de vida dos traballadores, entre outros. A mostra detense asemade nos distintos momentos que viviu o réxime republicano ata que foi derrocado pola forza en 1936.

SMC

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng