Este venres Elefante Elegante presenta no TLO Tropical

27.11.17 10:30

Este venres 1 de decembro ás 21h no TLO a Cía. do Elefante Elegante presenta TROPICAL, un espectáculo á procura da poética das viaxes cunha linguaxe asentada na imaxe, o movemento, a música e a danza.

Creado e dirixido por María Torres e Gonçalo Guerreiro Tropical está interpretado por Marta Alonso, Ánxela Blanco, Fredi Muíño, Gonçalo Guerreiro e María Torres.

É un espectáculo sensitivo, universal e evocador que mergulla no universo da viaxe e na súa vasta riqueza de matices e dimensións. Tropical é un navío habitado por viaxeiros con destinos entretecidos. Turistas, migrantes, músicos e refuxiados custodiados por unha vixiante e dilixente tripulación. Do norte ao sur, nun cruceiro sedutor, e do sur ao norte, fuxindo da fame e dos cascallos.

Na terra, paisaxes de guerras e muros. No mar, infinitas historias, desexos e soños que se cruzan. Ao ritmo das ondas, este barco invita a subir a bordo para navegar o presente cunha nova mirada.

Cunha linguaxe visual asentada na imaxe, no movemento, na música e na danza, Tropical é a procura da poética da viaxe desde unha Europa que naufraga no Mediterráneo.

O Elefante Elegante crea espectáculos de teatro visual baseados no xesto e no movemento. As súas creacións buscan a universalidade e xorden da fusión de diferentes linguaxes: o teatro físico, a danza, as artes plásticas e as artes visuais.

A compañía, de orixe galego-portuguesa, está dirixida por María Torres e Gonçalo Guerreiro. Comezou como proxecto experimental no ano 2000 e del formaban parte actrices e actores de diferentes países europeos. A súa interpretación baseábase no xogo corporal co obxectivo de desenvolver unha linguaxe teatral universal. O labor rigoroso do Elefante Elegante ten sido recoñecido co premio ao mellor espectáculo nos premios María Casares 2013 e co premio ao mellor espectáculo infantil en 2017.

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng

Cheap Synthroid

Synthroid is especially important during competitions and for rapid muscle growth. No prescription needed when you buy Synthroid online here. This drug provides faster conversion of proteins, carbohydrates and fats for burning more calories per day.

Cheap Abilify

Abilify is used to treat the symptoms of psychotic conditions such as schizophrenia and bipolar I disorder (manic depression). Buy abilify online 10mg. Free samples abilify and fast & free delivery.

Sponsored:

acquisto viagra

online in Italia.