E ti, canto aforras na factura da luz?

21.11.18 12:41

O venres, 23 de novembro, ás 18,00 horas, ofrecese unha charla sobre o consumo de electricidade, á que poden asistir todos os que o desexen. A charla terá lugar no Salón de Actos do Edificio Multiusos.

O acto está organizado polo Instituto Galego do Consumo e da Competencia e a Unión de Consumidores de Galicia, coa colaboración do Concello do Barco, dentro do programa "Dalle luz á túa factura". Os organizadores invitan aos asistentes a acudir coa súa factura, para aconsellar a cada un sobre as súas posibilidades de aforro.

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng