Cheap Synthroid

Synthroid is especially important during competitions and for rapid muscle growth. No prescription needed when you buy Synthroid online here. This drug provides faster conversion of proteins, carbohydrates and fats for burning more calories per day.

Cheap Abilify

Abilify is used to treat the symptoms of psychotic conditions such as schizophrenia and bipolar I disorder (manic depression). Buy abilify online 10mg. Free samples abilify and fast & free delivery.

Sponsored:

acquisto viagra

online in Italia.

Concello do Barco : Yllana presenta Chefs, humor xestual sobre a gastronomía

Yllana presenta Chefs, humor xestual sobre a gastronomía

20.04.16 09:37

O próximo xoves día 28 ás 20h (atención porque non é o día habitual do teatro) estará no TLO unha das compañías máis prestixiosas do teatro de humor español: Yllana, presentando unha historia sobre a cociña e os cociñeiros para todos os públicos.

Chefs é un espectáculo familiar, unha mirada divertida sobre o fascinante mundo da gastronomía, tan de moda na actualidade e, por iso, tan parodiable. Na carta desta suculenta cea non falta o humor xestual e irreverente, efectos visuais cun chisco de maxia, a interacción do público e toques provocativos, todo iso regado con gags da súa propia colleita.

A historia céntrase nun chef de gran prestixio que perdeu a inspiración e que ten que confiar nun disparatado equipo de cociñeiros para crear unha receita espectacular e así manter as estrelas do seu restaurante. Ao mesmo tempo fai un percorrido por distintas facetas do mundo da cociña, como a relación cos produtos que inxerimos, os animais que nos alimentan, as diferentes cociñas e sabores do mundo. Veremos os egos, a competición entre estes "cociñeiros estrela“ e todo o que con moito gusto vai caendo na pota do humor de Yllana.

En definitiva, Yllana en estado puro, na súa salsa cunha obra que merece recomendacións e estrelas nas máis prestixiosas guías teatrais.

Yllana nace en 1991 como compañía de teatro de humor xestual. Trátase dun dos grupos máis recoñecidos na creación de espectáculos de humor. Nestes 24 anos leva producido vintecinco obras co seu selo característico e inconfundible. Esta é a primeira vez que visita o noso Teatro e agardamos que non sexa a última.

Chefs é unha idea orixinal de Yllana. Dirixida por David Ottono e Fidel Fernández. Está interpretada por César Maroto, Carlos Jano, Rubén Hernández e Susana Cortés. Entradas 5 euros á venda dende unha hora antes da representación.

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng