Cheap Synthroid

Synthroid is especially important during competitions and for rapid muscle growth. No prescription needed when you buy Synthroid online here. This drug provides faster conversion of proteins, carbohydrates and fats for burning more calories per day.

Cheap Abilify

Abilify is used to treat the symptoms of psychotic conditions such as schizophrenia and bipolar I disorder (manic depression). Buy abilify online 10mg. Free samples abilify and fast & free delivery.

Sponsored:

acquisto viagra

online in Italia.

Concello do Barco : Odaiko Percussion Group ofrecerá un concerto o venres 1 de abril no TLO

Odaiko Percussion Group ofrecerá un concerto o venres 1 de abril no TLO

21.03.16 10:06

Odaiko Percussion Group (OPG) é un dos grupos musicais de maior prestixio no panorama musical galego. Está formado por Juan Collazo, Antonio Ocampo, Félix Rodríguez e Francisco Troncoso, licenciados en percusión clásica, contemporánea e jazz. O venres 1 de abril ás 21h ofrecerán no TLO o seu concerto Vaia circo! As entradas (5 euros) á venda desde unha hora antes na billeteira do Teatro.

Toma o seu nome do ODAIKO, un tambor tradicional xaponés. Con 1,2 metros de diámetro e 1,5 de profundidade, chegan a ser necesarias tres persoas para poder ser tocado. O grupo fórmase en Holanda no ano 2003. A pesar de que os seus membros xa se coñecían en Galicia, ata chegar a Holanda non contemplan a posibilidade de tocar xuntos, primeiro como dúo, logo como trío e máis tarde como Odaiko Percussion Group

A idea inicial de Odaiko nace a raíz das numerosas colaboracións dos seus compoñentes en festivais mundiais como o Steve Reich Festival (Holanda), Stok Leuven Contemporain Festival (Bélxica), Convención Internacional de Percusión de Taipei (Taiwán), “I am pulse” Manila Festival (Filipinas), Nancy Zeltsman Festival (EE.UU), etc.

A proposta artística deste grupo galego céntrase na exploración da música tradicional multiétnica, na súa variante percusiva, faceta pouco traballada pola dificultade que supón a diversidade técnico-musical.

Nos seus espectáculos pódense atopar instrumentos de orixe oriental (odaikos, gongs, táboas) africanos (djembé, sabar, dum-dum) latinoamericanos (congas, bongos, maracas, caixón), galegos (bombo, pratos, tamboril, tarrañolas) e instrumentos de creación posterior como a marimba, vibráfono ou batería.

Odaiko Percussion Group estivo presente en festivais como Steve Reich Festival (Holanda), Holland Festival (Holanda), Zeltsman Marimba Festival (Appleton, EEUU), Junio Musical (Jalapa, México), Taipei International Percusión Convention (Taiwan), “I am pulse” Manila Festival (Filipinas), Leuven Contemporain Music Festival (Bélxica), Festival do Tambor (Hijar-Teruel), Festival Internacional de Folk (Getxo-Bilbao), Festival de Ortigueira (Galicia), Convención Nacional de Percusión (Badaxoz), Noite Branca (Madrid), Círculo de Bellas Artes (Madrid), Festival de Verán (Cabo de Gata, Almería), entre outros.

Cabe destacar no panorama autonómico o papel levado a cabo na Gala do día de Galicia 2008, producida pola TVG, e gravacións nas que participa con diferentes artistas da nosa comunidade no eido do folk e do clásico.

Ao longo da súa carreira os seus membros participan en proxectos como Ear Massage (Holanda), X. M. Budiño (Galicia), Nova Galega de Danza (Galicia), Cornelius 1960 (Galicia), Orquestra Nacional de Irlanda (Dublín), Concorde Ensemble (Dublín), Orquestra Sinfónica de Galicia (Galicia), Nuevo Contemporáneo (Zaragoza), Orquestra sinfónica de Bilbao, etc

Odaiko é productor das súas músicas e espectáculos e representa a diferentes marcas de instrumentos como Meinl, Odaiko Mallets, Guzmán Percusión, California ou Concorde.

No campo didáctico, Odaiko realiza máis de 20 cursos por toda a xeografía nacional, destacando o curso MerzaPercusión, do que son directores, e que celebra no 2012 a súa sétima edición. Así mesmo son organizadores do FIP Galicia 2012 (Festival Internacional de Percusión).

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng