María da Pontragha contará no De Perto "Contos do que non hai"

21.06.18 10:02

María da Pontragha é unha contadora de contos da xente e da terra, de historias que viñeron e quedaron. Contos do que non hai é o título da súa actuación na segunda sesión do Ciclo De Perto deste ano. Na praza do Sagrado o martes, 26 de xuño, ás 22h30.

É educadora e dende sempre mantivo un vínculo moi forte coa tradición oral, tanto a través da música coma da palabra en sí. No 2009 comezou a súa andaina no mundo das contacontos tanto para infantil e xuvenil, coma para adultos.

Participou en diferentes Xornadas de Oralidade, no Museo do Povo Galego e na Universidade de Deusto e de Vitoria; tamén desenvolveu a súa labor en bibliotecas, participou no Salón do Libro de Pontevedra, no Verbum, centros de ensino, festas, locais sociais… Estivo en Atlántica, o festival de narración oral de Compostela, no 2013 e este mesmo ano.

 

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng