O Concello retirará as rabazas do río Sil o sábado pola mañá

26.06.15 09:40

A Asociación de Pescadores colaborará na retirada, na que se invita a participar a todos os veciños que o desexen

O río Sil ten de novo este ano un grave problema de acumulación de rabazas no seu cauce, o que está a impedir o desenrolo de actividades deportivas e recreativas, ademais de supor un risco de acumulación de lixo e malos cheiros neste tempo de altas temperaturas e baixo nivel da auga. Tras as xestións realizadas ante a Confederación Hidrográfica, este organismo accedeu a que se proceda á retirada das rabazas, nas mesmas condicións que nos anos anteriores: é o Concello o que asume os traballos, e non pode utilizarse maquinaria de ningún tipo dentro do río.

Os traballos realizaránse o próximo sábado, 27 de xuño, a partir das 10,30 horas, na zona do río Sil comprendida entre o Casino e a pasarela que comunica O Salgueiral. O Concello conta coa colaboración da Asociación de Pescadores, cuxos integrantes participarán na actividade. Están invitados a sumarse á retirada de rabazas todos os veciños do Barco que o desexen, sin máis requisito que o seu amor polo río e o desexo común de todos nós de que o Sil esté libre destes algas que só supoñen perxuizos para todos.

De feito, sen maquinaria, resulta prácticamente imposible que o Concello poda retirar as rabazas. Necesítase una gran cantidade de persoas para facelo a man, como esixe a Confederación. Por elo, invitase aos veciños a que participen nestas tarefas de limpeza, ás que deberán acudir provistos de calzado adecuado, bañador e guantes. Si se consigue a afluencia de bastantes persoas, poderá rematarse o traballo na mesma mañá do sábado.

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng