Cheap Synthroid

Synthroid is especially important during competitions and for rapid muscle growth. No prescription needed when you buy Synthroid online here. This drug provides faster conversion of proteins, carbohydrates and fats for burning more calories per day.

Cheap Abilify

Abilify is used to treat the symptoms of psychotic conditions such as schizophrenia and bipolar I disorder (manic depression). Buy abilify online 10mg. Free samples abilify and fast & free delivery.

Sponsored:

The best online shops in Italy:

Concello do Barco : O Barco homenaxea a Novoneyra conmemorando o “Canto ó Sil”

O Barco homenaxea a Novoneyra conmemorando o “Canto ó Sil”

11.05.10 10:38

A figura de Uxío Novoneyra (Letras Galegas 2010) será obxecto de homenaxe na Biblioteca Florencio Delgado Gurriarán coa presentación dunha biografía e a conmemoración do “Canto ó Sil” poema feito no Barco polo bardo do Courel en 1988. Serán os días 18 e 19 de maio a partir das 20 horas.

Caligrafía de Uxío Novoneyra para o "Canto ó Sil"

Caligrafía de Uxío Novoneyra para o "Canto ó Sil"

O martes 18 de maio ás 20 h. terá lugar a presentación do libro "A distancia do lobo. Biografía de Uxío Novoneyra" (ed. Galaxia, Vigo, 2010) de Antón Lopo, coa presenza do propio autor. O libro é un percorrido pola vida de Novoneyra contado en primeira persoa. O narrador métese na personaxe do poeta, transita os lugares nos que viviu, en especial O Courel que empapa a súa obra de forza telúrica, sinte  por el as emocións que toman forma de poema e transmite os seus pensamentos sobre o mundo que lle tocou vivir, a nación, a cultura e a lingua.

O mércores 19 de maio ás 20 h. vaise conmemorar, tamén na Biblioteca FDG, a creación do poema "Canto ó Sil" que fora composto por Novoneyra nunha estadía súa no Barco, entre o 20 e o 21 de maio de 1988, atendendo unha encarga de Lauro Olmo, con quen paseaba polo Malecón, cara á tardiña, tras asistiren ambos á Feira do Libro. O dramaturgo barquense, namorado do Sil, contemplando o río que ía "ó ras cheo d´auga" díxolle ao seu acompañante que lle tiña que facer un poema. A escena foi presenciada por varias persoas que camiñaban canda eles. Esa mesma noite, no hotel, o poeta courelao constrúe os quince versos que titula "Canto ó Sil" e que ese mesmo ano publica nun cartafol con gravados de Alfonso Costa titulado "A illa verde". Logo incluirao, con algunhas modificacións, no libro "Poemas da doada certeza i este brillo premido entre as pálpebras" (ed. Espiral Maior, A Coruña, 1994). Trátase dun dos poemas máis fermosos inspirado no río Sil ao seu paso polo Barco e un canto vitalista e de amizade. No acto lerase o poema, volverá escoitarase a voz de Uxío Novoneyra nos seus celebrados recitais e exporanse recortes de prensa e curiosidades relacionadas con aquel acontecemento.

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng