Maxia e teatro para público familiar no TLO

13.01.09 13:49

Ademais dos xantares abondosos, das compras e dos agasallos, neste tempo de Nadal podemos facer outras cousas, como ir ao teatro. Hoxe e mañá o TLO ofrece dous espectáculos para gozar en familia, o mago Romarís con “Estrelas de maxia” estará hoxe ás oito do serán e The Pinga Teatro mañá a mesma hora con “O rei dos mares”.

O rei dos mares

O rei dos mares

Estrelas da Maxia é unha obra máxico teatral, cunha escenografía inspirada nos teatros de maxia do século XIX. O guión vainos situando nos  tempos dourados da maxia, ónde a escenografía era o elemento mais importante para crear atmósfera máxica. O Mago Romarís vai facendo os distintos efectos de maxia tal como os farían as antigas Estrelas da Maxia. 

The Pinga teatro presenta a historia de Quintiño, un neno moi imaxinativo; de feito, vive máis tempo nas nubes que na terra. Pero unha das cousas que máis lle gusta é pasar a fin de semana co seu avó e navegar no seu barco "O rei dos mares". Pola noite, e como é costume antes de durmir, o seu avó cóntalle a lenda da Serpi, Felicio e o Capitán. Quintiño pecha os ollos ao tempo que embarca nunha viaxe ao mundo dos soños; no océano infinito da imaxinación, distínguense dúas illas: a dos Felices Soños, protexida polo Capitán e Felicio -gardián dos soños-, e a illa ¡Esperta!, rexida polo peor inimigo de todos os dormentes: Pesadelo...

(S.M. de Cultura)

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng