Este venres #camiños de ButacaZero no TLO, divertida e sorprendente

22.04.19 09:31

Tralo éxito de Voaxa e Carmín, a compañía volve ao TLO cunha aposta tan divertida como sorprendente. #camiños, coproducida polo CDG, fala da identidade galega dende a perspectiva do século XXI. Este venres 26 de abril ás 21h.

Esther F. Carrodeguas e Xavier Castiñeira volven xuntarse para crear #camiños, na que a propia Carrodeguas está tamén en escena, acompañada de Noelia Blanco, Celina Fernández Ponte, Pía Nicoletti e Noa Covelo.

A peza aborda o tema identidade galega dende unha perspectiva millenial, mesturando o teatro físico co bufón, as coreografías co teatro textual, o playback coa pasarela de moda nun aluvión escénico que pretende non deixar a ninguén indiferente.

Dentro da obra o público poderá desfrutar en directo das Churrascas, que precisamente fan parte da escenificación. O videoclip do seu primeiro Hit: “Adios Ríos Adiós Fontes”, que versiona con música electrónica o famoso poema de Rosalía e non deixa de subir en número de visitas.

Sinopse: Carolina viaxa de cara aos EEUU. Daiana, neta dunha emigrada galega, volve da Arxentina. Comparten asento no aeroporto. E entre elas, debúxanse milleiros e milleiros de #camiños. Camiños que unen as aldeas coa cidades, os poemas de Rosalía coa música electrónica, o spinning co churrasco, e as fotos viradas sepia coas que acabamos de colgar en ínstagram… Camiños que unen o que fomos e o que desexamos ser.

 

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng