“OS MELLORES PRODUTOS, NO NOSO MERCADO”

O Mercado municipal está situado na Praza do Concello, 2, baixo, do Barco de Valdeorras.

Nel poden atoparse actualmente 10 postos en funcionamento, nos que a veciñanza dispón dunha interesante oferta en produtos frescos.

Aberto de luns a sábado, de 9,00 a 14,00, salvo as pescaderías, que non abren os luns.

Estes son os postos e produtos que se poden atopar no Mercado:

POSTO Nº 4

-CARNICERÍA TOÑO

Produtos á venda: tenreira galega con I.X.P e derivados do porco

POSTO Nº 5

-CARNICERÍA ODILO

Produtos á venda: carne de tenreira galega con I.X.P e carne de porco

POSTO Nº 6

-A LOLA CARNICERÍA

Produtos á venda: embutidos  de Manzaneda e Reigada, e xamóns e lacóns de Vilalba.

POSTO Nº 7

-EMBUTIDOS HERVELLA

Produtos á venda: embutidos (chourizos, salchichóns, botelos, androllas) e carne de  porco

POSTO Nº 8

-PESCADERÍA LAURA

Produtos á veda: Peixe e marisco  variado procedente da Coruña, Vigo e Celeiro.

POSTO Nº 10

-O POSTO DE JOSEFA

Produtos á venda: Patacas,  verduras  e plantas do Barco de Valdeorras.

POSTOS Nº 11 E 12

-PESCADOS Y MARISCOS A BARQUEIRA

Produtos á venda: Peixe e marisco variado da Coruña, Burela, Vigo e Ribeira.

POSTO Nº 13

-FRUTAS ENCINA

Produtos á venda: froita e vexetais procedentes das hortas da Comarca (Pementos de Padrón e de Mougán, en tempada)

POSTO Nº 17 (ENTRADAS INTERIOR E EXTERIOR)

-LA MANDUCA

Produtos á venda: 

  • Mel de Galicia  I.X.P
  • Licores Mosteiro da Xogoaza (Parroquia do Barco de Valdeorras)
  • Viños D.O Valdeorras
  • Queixo San Simón D. O.P
  • Queixos de Castro Caldelas D.O.P
  • Pementos asados ECOLÓXICOS
  • Castañas en caldo de azucre ECOLÓXICAS
  • Marmeladas ECOLÓXICAS
  • Faba loba de A Veiga
  • Galletas “La Manduca” ECOLÓXICAS
  • Bicas de Trives e doutras localidades próximas  da Comarca.

-CAFETERÍA (ENTRADAS INTERIOR E EXTERIOR)

-LA PLACITA

A concellería de Comercio do Concello do Barco participa todos os anos nas campañas de fomento dos mercados que pon en marcha a Xunta de Galicia, engadindo ademais outras actividades propias.

O mercado é tamén o lugar que se ten utilizado durante os últimos anos, e seguirá a facerse, para a presentación de diferentes iniciativas municipais relacionadas co comercio e a hostalaría local, como a Ruta de pinchos e outras moitas.

O espazo é tamén utilizado para a realización de diferentes actividades artísticas, e ata para a celebración de concertos dentro da programación da Ruta do Viño e doutras iniciativas.

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng