concello o barco de valdeorras
Inicio
Iria Pinheiro presenta no TLO Anatomía dunha serea

Unha muller que leva no seu corpo a pegada da violencia obstétrica sufrida durante o parto narra a súa historia dunha maneira directa, aberta e autocrítica. Iso é Anatomía dunha serea, a peza de Iria Pinheiro que veremos este venres, 22 de febreiro, no TLO ás 21 horas.
A biblioteca pon en marcha a campaña de animación á lectura "Namórate lendo"

Ata o día 28 de febreiro desenrolase na Biblioteca Municipal do Barco unha campaña de animación á lectura baixo o lema "Namórate lendo", con libros e películas románticas á disposición de todos os usuarios.
Proxecto Noee de Sarabela, teatro para público infantil e familiar

Sarabela teatro presenta o seu espectáculo para público familiar “Proxecto Noé”. Está dirixido por Fina Calleja e interpretado por Fernando Dacosta, Sabela Gago e Elena Seijo. No TLO o venres 8 de febreiro ás 20h.
A VI Festa do Botelo da Coruña, o 16 de febreiro

O 16 de febreiro celébrase a sexta edición da Festa do Botelo na Coruña, no restaurante Árbore da Veira, no Monte de San Pedro. As reservas poden facerse no teléfono do propio restaurante.