Cheap Synthroid

Synthroid is especially important during competitions and for rapid muscle growth. No prescription needed when you buy Synthroid online here. This drug provides faster conversion of proteins, carbohydrates and fats for burning more calories per day.

Cheap Abilify

Abilify is used to treat the symptoms of psychotic conditions such as schizophrenia and bipolar I disorder (manic depression). Buy abilify online 10mg. Free samples abilify and fast & free delivery.

Sponsored:

acquisto viagra

online in Italia.

Concello do Barco : Santa Mariña do Monte: Fervenza, O Meiral (Santa Mariña)

Santa Mariña do Monte: Fervenza, O Meiral (Santa Mariña)

Igrexa de Santa Mariña
Vista da aldea de Fervenza

Polos cumes do termo municipal do Barco, a uns 860 m de altitude e ao abeiro do Alto do Mouzón, aséntase Santa Mariña do Monte, parroquia que nos ofrece  unhas vistas espectaculares do val e do conxunto urbano do Barco. As tres aldeas que forman esta parroquia suman 67 habitantes, dos cales 30 residen no núcleo de Santa Mariña, 33 no de Fervenza e tan só 4 figuran inscritos no lugar do Meiral.

Nos soutos que arrodean Santa Mariña atopamos lonxevos castiñeiros, impoñentes polo seu porte e que abraian pola idade. Á saída da aldea, ao pé dunha veiga de leiras traballadas con esmero, está a igrexa parroquial. O edificio, do século XVIII e con interesantes elementos ornamentais na portada e na espadana, e mais a casa reitoral,  é un dos exemplos sobranceiros da arquitectura relixiosa do concello.

Fervenza fai honor no seu topónimo á fermosa pincheira de Portomao, pola que a auga se precipita na zona fortemente crebada da Requeixada. Esta aldea conta cunha pequena capela dedicada á Virxe das Dores, un forno comunal en bo estado, varios muíños e os restos dunha antiga ferraría que, restaurados, poderían formar un interesante conxunto de indubidábel valor etnográfico e turístico. Todo o contorno ten un grande atractivo natural que o fai un punto idóneo para ter en conta na realización de rutas a pé.

O Meiral é un pequeno e recollido casal, cinguido de vizosa vexetación e cuxo topónimo tamén parece relacionado coa abundancia de auga que caracteriza a zona. Conta cunha fonte-lavadoiro recuperada como espazo para o lecer, ao pé dun camiño evocador que parte en dirección á serra. Arrodeado de fermosos soutos, conserva interesantes exemplos da arquitectura rural, entre os que salienta unha casa-herdade con patio e valado situada no camiño da fonte.

A parroquia de Santa Mariña festexa a súa santa titular, protectora da feitura do pan,  o día 18 do mes de xullo. 

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng