concello o barco de valdeorras
Inicio
Gargallada representará "A ponte afogada" sobre a Ponte de San Fernando e a súa caída

Será o sábado 28 de decembro ás 20 horas cando Gargallada poña en escena "A ponte afogada", peza construída a partir de "Polos camiños do Tempo" de Gustavo Docampo, con dirección de Pilar Alonso e Manuel Caramés e interpretada por Lalo Santos, Xosé Luís Conde, Manuel Caramés e Manuel González.
Este venres "Entre soños" de Fran Sieira, danza e música tradicional

"Entre soños" é baile e música galega desde unha estética radicalmente contemporánea, un fermoso espectáculo para deixarse levar polos tres protagonistas Fran Sieira, Aida Tarrío e Xisco Feijoo. O venres 13 de decembro ás 21h no TLO.
PROGRAMA DE ACTIVIDADES PARA O NADAL

Xa está listo o programa de actividades do Nadal 2109.
Moitas actividades para todos os públicos.
Xa está aberta a inscripción para a Carreira do Turrón, que como sempre ten carácter solidario, con entrega de alimentos por parte dos participantes.
Convocadas as axudas municipais a ANPAS e a entidades culturais
O Boletín Oficial da Provincia publica as Bases que regulan a convocatoria de axudas a ANPAS e asociacións culturais do concello do Barco para os exercicios de 2018 e 2019. En todos os casos o prazo de solicitude é de dez días hábiles contando desde o seguinte día ao de publicación no BOP.